Emitindo desde o CPR Plurilingüe Luis Vives de Ourense.
Camiño do Día Mundial da Radio 2022 coñecemos hoxe outra emisora que se incorpora ao directorio de Escolas nas Ondas. Viaxamos ata Ourense, ao CPR Luís Vives, para saber da actividade de ‘Vives na onda’.
Entre as últimas pezas que nos convidan a escoitar temos as tituladas ‘Unha fermosa tolería’, onde se conta do acontecido co buque Santa Liberdade para protestar contra as ditaduras de Franco e Salazar, e a implicación no evento do mestre e soñador galeguista Pepe Velo. Por outro lado, alumnas de 2º da ESO lémbrannos algunhas mulleres importantes ao longo dos séculos e o seu decisivo no discorrer da historia.