Cóntannos do Festival das Letras Galegas do CEIP Ramón de Valenzuela da Bandeira.
A xeito de concurso radiofónico, o alumnado de 4º do centro silledense fixo unha representación de “Garabullando”. Así, foron interpretando unha situación moi divertida de xogo onde dous equipos concursaban para gañar o máximo número de Garabullos, amosando todo o seu coñecemento sobre as Letras Galegas e o seu homenaxeado.
Ao fío, aquí está o formato podcast co que participaron no V concurso de podcasts-Radio na biblio.
Houbo despois tempo para as cantigas tradicionais, con baile e música. Aquí podedes ver por exemplo o alumnado de Infantil e o de 1º curso de primaria.
E na web da Biblio “Lemos porque nos peta!” tedes máis vídeos!