Radio Trega chega con forza a Ponte…nas Ondas! Benvidos/as!
“Para participar na proposta “Escolas nas ondas”, envíovos o programa que gravamos para presentar RadioTrega, a radio do noso centro, que está a nacer nestes días. Ademais, achegamos a nosa primeira pinga de auga na confraternización transfonteiriza, pois contamos coa colaboración de dous cantadores das dúas beiras do Miño, un de desgarrada e outro de regueifa. @s locutor@s deste programa presentación son alumn@s de 3º ESO A e chámanse Ismael Adrover e Paula Álvarez; e a música de fondo é de Tino Baz, cantautor guardés, que outorgou os dereitos para facelo posíbel. As colaboracións son do cantor ao desafio Augusto Canário e o regueifeiro son eu mesmo (Kike Estévez)”.
De paso cóntannos tamén doutro interesantísimo proxecto en marcha no centro: TradiTrega, recollidas de tradición oral feitas polo alumnado ás súas familias durante este Nadal.