‘Misión planeta’, unha xornada de 24 horas de radio en Bogotá

Iniciativa de comunicación radiofónica esta semana en Colombia.

O Colegio Gimnasio del Norte, centro educativo situado ao norte da cidade de Bogotá, en Colombia, organiza este xoves o seu “12º Encuentro de Comunicación Escolar” e a “10ª Transmisión de radio online 24 horas”.

Por vez primeira, ademais da transmisión continua de radio a través das ondas, contarán tamén con streaming de vídeo. Podemos escoitalos e velos a través da web da escola, http://www.gn945.gimnasiodelnorte.edu.co/

A temática escollida nesta ocasión: “Falarlle ao mundo de todos os xeitos que existen para que poidamos facer do mundo un lugar máis limpo, equilibrado e sostible”. “24 horas emprendendo a Misión Planeta!”. Segundo explican, desta volta non falarán de canto temos deteriorado xa o contorno ambiental, senón das accións concretas que podemos realizar para afrouxar a pegada ecolóxica que os seres humanos deixamos sobre o planeta

No seu Facebook recordan tamén todas as edicións anteriores desta iniciativa.

DEIXE UMA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here