O CEP Carlos Casares para o Día da Radio: Os xogos tradicionais e Ponte.. nas ondas!

O CEP Carlos Casares de Salvaterra participa neste Día Mundial da Radio cunha peza sobre os xogos tradicionais.

No programa descubriremos a que xogaban as nosas avoas e avós, nais e pais e viaxaremos por Galicia, Brasil ou Italia para descubrir tamén xogos populares destes tres países. Os intrépidos reporteiros escolares saíron gravadora en man e trouxéronnos moita información interesante.

Nesta imaxe que canda o programa nos envía Belén González, directora do centro, podedes ver o equipo de alumnado de 3º, 4º e 6º de Primaria involucrado no programa, incluídos locutores e técnicos de son, parabéns!

DEIXE UMA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here