PNO! e o congreso internacional do patrimonio no podcast Galiportus

Unha iniciativa de Germán Estévez en Radio Allariz.

Recomendámosvos o podcast Galiportus, un proxecto radiofónico de Germán Estévez, coa colaboración de Radio Allariz, que nesta altura de decembro de 2023 suma xa dezaseis pezas co programa “Erea Castro, o fado transfronteirizo”.

E entre eles, na súa entrega número 14, achegámosvos aquí o programa dedicado a Ponte… nas Ondas! e o VI Congreso Internacional de Patrimonio Inmaterial. “Música, grandes conversas, multitude de visións e unha única conclusión: 20 anos despois da convención de salvagarda do PCI da UNESCO, Galiza e Portugal… continúan na onda!!”