Ponte nas Ondas de “Radio Galiza”

Escolas de Baralla, Cervantes, Currelos, Friol e Pedrafita do Cebreiro, coa axuda de Radio As Nogais, pechan o curso cun novo programa.

Entrevistas, ciencia, humor e trabalinguas, a saúde, viaxes e actividades diversas. E todo adornado con música e poesía. Agardamos que vos guste este programa conxunto das comunidades educativas de Baralla, Cervantes, Currelos, Friol e Pedrafita do Cebreiro, porque teñen moito que contarnos! Máis información sobre o proxecto no espazo web Radiogaliza.gal