Radio Abrente analiza o problema dos incendios

Esta é a peza chegada desde o Colexio Abrente, de Portonovo, onde o alumnado nos fala do problema dos incendios acontecidos o outono pasado.

Cóntanos Priscila Vidal, mestra especialista en pedagoxía terapéutica, que o centro, que acolle alumnado desde o primeiro ciclo de Educación Infantil ata 4º da ESO, persegue que todo o alumnado grave cando menos unha vez durante o ano en Radio Abrente, a emisora escolar. Para este segundo trimestre, a escola está traballando o tema da inclusión das persoas emigrantes e inmigrantes. “Radio Abrente, abre a túa mente! Ti tes moita leria, debes ser paciente! Escóitanos en Radio Abrente, a radio que analiza o presente, que se move no teu ambiente e mira pola nosa xente!”

DEIXE UMA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here