Radio Badúa: “Non esquezas que a ciencia necesita rapazas coma ti!”


Seguimos coas incorporacións ao directorio de radios escolares e nesta ocasión, en Vigo coñecemos Radio Badúa, do Colexio Divino Salvador.

A emisora aproveito o 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e da nena científica, na véspera do Día Mundial da Radio, para un programa especial de ‘Ondas de Muller’. Aquí, convídannos a coñecer máis sobre este día da man de científicas, de rapazas e de antigas alumnas, que nos contarán a súa historia, a súa experiencia e parte da súa vida: Carla Berengua Pereira, que traballa no Hospital de San Pau en Barcelona, e ten varios estudios e artigos publicados, e é referente no equipo de traballo de viroloxía fronte ao Covid 19; Amparo Alonso Betanzos, enxeñeira química e investigadora en intelixencia artificial e Estela González Fernández, bióloga que vive e traballa no Reino Unido.

Podedes escoitar aquí as pezas.