Radio Ramalloseir@s organiza un faladoiro político

Os candidatos á alcaldía falan para a emisora escolar.

Unha actividade educativa ben atractiva en tempo electoral a que argallou a sempre activa comunidade educativa de Radio Ramalloseir@s.

Nos micrófonos, unha representación do alumnado de 6º de educación primaria; Anxo, Martiño, Alexandra, Leila e Julia e no control técnico os profes Fran, Celso e Óscar. E da outra volta, responden os candidatos!

Aquí podedes escoitalo: