13 ideas para celebrar o 13 de febreiro de 2023

Estas son algunhas suxestións da UNESCO para emisoras de radio de todo o mundo. Seguro que desde a escola tamén atopamos inspiración nalgunha delas.

1. A radio pacificadora: Que impacto tivo a radio durante un conflito que tivo lugar no teu país, rexión ou comunidade? Que historias aínda lembran os oíntes? Podería a túa emisora de radio esbozar unha declaración de paz cos seus oíntes? Fai chamadas ou vox-pops e comparte as perspectivas dos teus oíntes sobre a radio e a paz.

2. Os sons da paz: Que sons asocian os oíntes coa paz? O caudal dun río? As cancións tradicionais? O chío dos paxaros? O eco dos cantís? Fai unha enquisa e difunde os sons. Outra opción é centrarse nas cancións de paz, pero non só tocalas, senón falar delas. Elaborade reseñas de álbumes, concertos, festivais relacionados…

3. Rescate radiofónico: Como axuda a radio a reducir tensións ou conflitos demostrando que unha noticia é falsa? Toma un rumor ou teoría de conspiración que circula actualmente na web ou nas redes sociais e compárao con feitos, datos e rexistros xunto cos teus oíntes. Analiza a probabilidade de que sexan verdadeiras e, se son falsas, como é posible que comezase esa falsidade.

4. Desde o noso hórreo:
retransmitir entrevistas ou programas antigos que demostran o poder da radio na construción da paz e na prevención de conflitos, ou intercambio de emisións con outras emisoras locais e rexionais. Usa ficheiros de son das bibliotecas se non tes outros dispoñible. Isto funcionará especialmente ben se a vosa estación de radio está dirixida aos baby boomers ou á xeración X.

5. Acabouse o xogo: A vosa emisora apunta ás xeracións Y e Z e queredes falar de paz? Fala dos videoxogos ou xogos de mesa aos que xogaches recentemente. Cales son os obxectivos e as puntuacións? Cales son as habilidades e o rendemento esperados? Como se relaciona todo isto coa paz ou non? Busca comentarios dos oíntes sobre o argot dos videoxogos: steamroll, ragequit, swipe, square up, throw down, fight), etc.

6. O andel da Radio: Organiza unha charla na que se repasen libros ou revistas que falen de historias de desarme, soldados desmobilizados, reinserción, reconciliación, convivencia, solidariedade, curación comunitaria, reconstrución da posguerra… Falar da paz e da estabilidade a través deles.

7. Aprender a vivir xuntos: Abrazar a cultura e as artes locais e estranxeiras para enriquecer a experiencia e a comprensión mutuas. Desde este punto de vista, repasa exposicións, programas de televisión, obras de teatro e películas, pero tamén comida e bebida, viaxes, moda e códigos de vestimenta, decoración, tradicións e actitudes, etc. Que tal saír do estudio radiofónico para este programa? Ou facer un cuestionario para os oíntes?

8. Radio deportiva: xogo limpo, espírito de equipo, integridade, respecto, disciplina… hai tantos valores de paz no deporte! A vosa emisora de radio pode emitilos cando informa dos últimos resultados e noticias. Inclúe estes valores nos teus comentarios deportivos, incluso nas emisións en directo!

9. Dinamizar os oíntes: Que lles ofrece aos oíntes cando sintonizan a radio a primeira hora da mañá? Como os prepara para o día que vén? Elabora un programa de almorzo con noticias sobre o que está a suceder que axude a informar os oíntes sobre cuestións públicas, pero que ofreza informes equilibrados, representación xusta dos membros da sociedade e solucións: revela non só os defectos, senón tamén medidas eficaces. Incluír chats amigables.

10. Distribución en xogo: Falar cos oíntes sobre os dispositivos que usan para escoitar a radio e a satisfacción que derivan dela. Como valoras o acceso á información? Por que lles gusta escoitalos? Como valoras o volume? Que pasaría se só dispuxesen do podcasting e radio por internet? E mercarían un coche se non tivesen radio?

11. As redaccións marcan a pauta: Repasade o estilo editorial e as políticas de emprego nun debate sen límites. Por que a independencia informativa da emisora é esencial para a paz? Como contribúe a emisora ao bo goberno e ao estado de dereito? Como inflúe a diversidade do persoal nos contidos? Preparar o valor ou declaración de paz da emisora de radio.

12. Inesquecible: contar as experiencias narrativas dos máis afectados polos conflitos nos seus países, rexións ou comunidades, pode servir de saída emocional para os oíntes e lembrar a todos a nosa humanidade común. A emisora de radio pode dar voz aos refuxiados, aos retornados, aos desprazados internos, así como ás vítimas de discriminación e delincuencia. Este tipo de programas de radio requiren dun alto nivel editorial e xornalístico para non promover a violencia e a vinganza, senón a paz e a democracia.

13. Na noticia: os xornalistas e diversos líderes de opinión da sociedade civil poden analizar o que diferentes emisoras de radio, xornais e publicacións en liña dixeron e escribiron sobre a Radio e a Paz no Día Mundial da Radio no período previo e no día real.

Máis información na web oficial da UNESCO