O alumnado do IES de Ponte Caldelas brinca ás ondas da man do profesorado de Lingua, Historia e Tecnoloxía, a través do proxecto interdisciplinar educativo “Comunidade”.

A serie de podcasts, que se emite tamén a través de Radio Nova, a emisora local da Lama, está accesible tamén en liña. Aquí temos o traballo do alumnado do IES pontecaldelán:
Hugo García Rodríguez: A matanza do porco
Dani e Pedro: Os traballos comunais
Isabelle Sideyra Sánchez Fuentes: Os ollos do borralleiro
José Ángel Estévez Moreira: As actividades comunais
Yeray Lonrezo Aznar: O proxecto comunidade
Ana Cecilia Suárez Lopes: Galicia Viva
Raúl Freire Pazos: Lavar a roupa nos tempos de antes
Hugo Baqueiro Rey: O traballo forma comunidade
Martín Amorín López: Lembranzas de Verducido
Xandre Malvar Souto: As de Xandre
Darío Franco Otero: Benvidos a Xustáns, con Darío
Aitana Simón Cons: Tempos difíciles
Christina Teixeira Vida: O patrimonio na época franquista
Alejandro Pérez Ares: Cousiñas galegas
