Nova entrega do podcast refraneiro de Vila Laura nas Ondas!

A emisora da Escola de Educación Infantil Vila Laura en Vigo.

“Detrás daquel toxo vai un pito coxo”, “Polo pan baila o can”, “Se o porco voara, non había quen lle gañara”… Isto e moito máis na peneira de ditos e trabalinguas que elaboraron na EEI Vila Laura (Vigo). Rematando o curso escolar e en colaboración coas familias, recolleron todo este material que nos ofrecen neste podcast de Vila Laura nas Ondas!

Se non funciona o reprodutor da parte superior, preme aquí para escoitalo: https://www.edu.xunta.gal/centros/eeivilalaura/?q=node/445