CEIP Canosa-Rus (Coristanco) para o Día Mundial da Radio 2025

‘Cuarto Comunica’ para o Día da Radio!

“Unha viaxe ao pasado a través das voces dos nosos mairoes. Os nenos e nenas de cuarto curso realizaron entrevistas entrañables aos seus avós e avoas, recompilando frases e lembranzas que nos transportan a como era a vida na aldea noutros tempos. Escoitaremos historias cheas de traballo duro, tradicións únicas, e tamén momentos de alegría compartida. Estas palabras son como pequenas ventás a un mundo que, aínda que distinto ao de hoxe, garda a esencia da nosa identidade”.