Rosalía, unha muller pioneira, homenaxe de Ondas Revoltas

Recuperamos a homenaxe a Rosalía de Castro que fixeron, aproveitando o Día Mundial da Radio de 2025, desde Ondas Revoltas, a emisora escolar do CPI As Revoltas (Cabana de Bergantiños).

O alumnado de 4º de Educación Primaria gravou na radio un podcast co título “Rosalía, unha muller pioneira”, un conto sobre a vida da escritora. Ademais recitaron na aula poemas das súas obras máis coñecidas.

Rosalía, unha muller pioneira

O alumnado de 1º ESO interpreta o “Conto galego” de Rosalía de Castro no último episodio do seu programa Contos Revoltos.

E a nota musical púxoa o alumnado de 2º ESO cantándolle unha regueifa a Rosalía de Castro.

E o podcast do alumnado de 3º de primaria