Desde o CPI Virxe do Monte (Cospeito).

O alumnado converteuse en reporteiros de campo para visitar o Centro de Día Vila de Valverde de Cospeito e descubrir, a través das voces dos seus usuarios, parte da memoria viva do noso pobo.
Contos populares, cantigas, lembranzas e historias dos seus tempos mozos que quedaron recollidas nunha gravadora para, posteriormente, darlles vida nun programa magazine.
Un encontro entre xeracións para escoitar, aprender e conservar a memoria da nosa comunidade.
Máis información aquí:
https://bibliocpivirxedomonte.blogspot.com/2026/10/17-de-outubro-dia-internacional-do.html
