DinamiCéate: celebrando o Día do PCI 2026

Desde o CPI Virxe da Saleta (Cea).

Con motivo da celebración o pasado 17 de outubro do Día Internacional do Patrimonio Cultural Inmaterial, a escola realizou unha exposición de fotografías achegadas polo alumnado.

Nelas podemos descubrir diferentes elementos arquitectónicos tradicionais relacionados coa elaboración e a conservación do pan, como os muíños, os fornos e os cabaceiros.

Máis información
https://dinamiceate.blogspot.com/2026/10/celebrando-o-dia-internacional-do.html