A moura de Taboexa

Un magnífico evento este sábado 21 de novembro da man da EEI de Taboexa n’As Neves.

A Escola de Educación Infantil de Taboexa das Neves ten unha longa traxectoria de compromiso coa posta en valor do Patrimonio Cultural Inmaterial, incluída a súa aparición no libro-disco Meniños Cantores 2, onde participaron co grupo A Roda.

Este sábado 21 de novembro, e a partir das 18 horas, organizan un evento moi especial ao fío d’A moura de Taboexa, coa participación de Karina Moruiño, responsable da escola, da antropóloga Lidia Mariño e da artista Anne Lepère.

“Cando acabada de chegar a Taboexa, aló polo 2014, souben polos versos de Mar, da existencia da Moura, sentín sen dúbida algunha, que topara un verdadeiro Tesouro. A Moura reúne moitos requisitos para o éxito: a fantasía, e por tanto motivación infinita; a invitación a saír ao monte e estar en contacto coa natureza (hoxe en boca de todos as súas bondades) e practicar movemento e xogo libre; a mensaxe de respecto polos ancestros…”

Máis información no blog Recados da Moura:
https://recadosdamoura.blogspot.com/2026/11/cando-recen-chegada-taboexa-alo-polo.html

O instagram da Escola
https://www.instagram.com/eeidetaboexa/