Cántame e cóntame, avoa

Unha iniciativa en prol do patrimonio inmaterial do CPI Virxe da Saleta de Cea.

Coñecemos e estaremos atentas á evolución do proxecto “Cántame e cóntame, avoa”, promovido desde o CPI Virxe da Saleta de Cea, que neste xaneiro de 2025 solicitou a participación das familias e da comunidade educativa nesta iniciativa.

Trátase dunha actividade que se vai a levar a cabo ao longo do curso, dentro dos proxectos que desenvolve o Cole de Cea, como membro da Rede de Centros “Ponte… nas Ondas! de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI)”.

Os nenos levaron na súa mochila dúas notas: unha para a autorización de imaxe, gravación uso e difusión e outra ficha para a recollida de patrimonio inmaterial. A recollida pode facerse de maneira escrita, en formato vídeo (sempre en posición horizontal) ou mediante gravadora de voz.

https://www.facebook.com/100057642482247/posts/1053331536598253/?mibextid=rS40aB7S9Ucbxw6v