CEIP Labarta Pose – Baio (Zas) para o Día Mundial da Radio 2023

Desde Baio para o Día da Radio!

O programa “·Labarteando con…” é un formato no que cada ano a idea é entrevistar a músicas e músicos referentes e de actualidade do panorama galego. Neste capítulo, “Labarteando con… Caamaño&Ameixeiras”, o alumnado preparou unha entrevista ás gañadoras do Premio Martín Códax da música á mellor banda folk do pasado ano.