Radio Frian para o Día da Radio!
“O alumnado de 3º de primaria elaborou un programa radiofónico para o día da paz. Noticias, publicidade, información sobre o día da paz, poemas.. Non volo podedes perder”.
“Canción Sente a paz: o alumnado de 5 anos B dedícanos esta canción para o día da paz”.
Os alumnos de 6ºB dedícannos un poema da paz e a canción de Antonio Flores “Si pudiera”. Dúas mensaxes de paz para o día mundial da radio.
O alumnado de 1º quixo deixar a súa pegada no día da radio cunha receita sen dúbida moi saborosa e a mellor de todas… unha receita de paz con todos os ingredientes necesarios.
O alumnado de 4ºA preparou para o día da paz un poema onde a paz está moi presente.
Os alumnos de 4ºB dedícannos unha canción de paz para festexar o día mundial da radio.
Os nenos de 2ºA E 2ºB encántalles a poesía e mais aínda se son poesías de Paz.
Os mais pequenos do cole están acostumado a escoitar aos seus avós recitar e contar refráns a diario. Así que para o día da Radio escolar quixeron facer unha homenaxe ao refraneiro galego contándonos algúns dos refráns máis famosos e utilizados da nosa terra.
Os cativos de 3 anos quixeron gozar co día da paz recitando un poema titulado
“Só tres letras para decir Paz”. Tamén quixeron contarnos que significa a PAZ para eles e desexarnos paz a todos e todas.
O alumnado de 4 anos traballou ao artista Jackson Pollock e a través de el as diferentes técnicas artísticas do mesmo serviron para darlles calma e tranquilidade e polo tanto crear un ambiente de paz.
O alumnado de 5 anos A elabora unha receita de paz para que a paz esté sempre con nós en todo o que fagamos.