Un grupo de 20 nenos e nenas de 4ºB e fixeron unha REFLEXIÓN “do que é e como é a nosa radio escolar: RUXIRADIO”.
“Nós, os nenos e nenas de 4ºB do Ceip Plurilingüe o Ruxidoiro, queremos conmemorar O DÍA MUNDIAL DA RADIO, falando da nosa “casa das palabras “, da nosa RUXIRADIO. Fixemos un podcast de presentación da radio da escola, falando de como é e do que sentimos que é. Queremos darlle valor á radio. Saúdos, mundo!”
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceiporuxidoiro/node/1207
Por outro lado, alumnado de 6º, “tomamos a palabra contra o cambio climático e elaboramos o noso dicionario ecolóxico que está cheo de termos para concienciar de que é necesario coidar a contorna”.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiporuxidoiro/node/1200
Tamén de sexto curso, chéganos, como non podía faltar nestas datas, un programa especial sobre o entroido ourensán:
E por último, tamén nos comparten este traballo de alumnado de 3ºB, titulado “Verbas que veñen e van”: “As palabras moven o mundo, animádevos a utilizalas con agarimo!”
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiporuxidoiro/node/1119