CEIP Sequelo (Marín) para o Día Mundial da Radio 2024

Por Sequelo para o Día da Radio!

“Dende polo menos 1882 vense celebrando en Marín o Enterro da Sardiña. O enterro da Sardiña é unha celebración que marca por toda España o final do Entroido urbano e que ten lugar o Mércores de Cinza, pero o Enterro de Marín ten unhas peculiaridades que o fan diferente. O pobo de Marín, mariñeiro, desde ás súas orixes soubo adaptalo á súa realidade, con ladanía e música de seu; música que aparece no podcast”.