A radio escolar do IES Gregorio Fernández (Sarria).

Viaxamos nas ondas neste inicio de curso deica Sarria para escoitarmos o traballo que fai a comunidade educativa do IES Gregorio Fernández na súa emisora escolar Radio Bolboreta.
Aquí tedes dous exemplos, elaborados no marco dun proxecto eTwinning realizado co centro educativo Gymnasium Waldkraiburg (Germany).
Neste episodio, o estudante David Bello entrevista á súa bisaboa e á súa avoa para coñecer un pouco máis de preto como era a vida durante a ditadura española.
Nestoutro episodio de Radio Bolboreta, Aitor, Carla e Albert, estudantes de 4º ESO, entrevistan a Alba Geada, historiadora especializada en historia agraria e social, movementos sociais, cambio social e cultural, franquismo e transición á democracia.
Máis información e episodios na web do centro.
https://www.edu.xunta.gal/centros/iesgregoriofernandez/taxonomy/term/142
