CPI Ponte Carreira (Frades) para o Día Mundial da Radio 2025

‘Radio Ponte’ para o Día da Radio!

Aquí temos outra emisora escolar de estrea, benvida Radio Ponte CPI! E aquí unha mostra dos seus primeiros traballos diante dos micrófonos. Parabéns!

Entrevista realizada ao profe que máis anos botou coma docente no CPI Ponte Carreira, D. Antonio Espiñeira Pardo.

Radionovela O libro dos porcos, unha historia en prol da igualdade. Escrito por Anthony Browne e traducido ao galego por Xosé Manuel González.

Que farías se aterrase un ovni no patio do cole?