De Tui para o Día da Radio!
Alumnado de 1º e 2º da ESO do IES Indalecio Pérez Tizón realizou un informativo moi especial no que inventaron boas noticias que tiñan coma escenario Tui. O programa foi realizado por Xabi, Rodrigo, Anabel, Sabela, Iago, e Izan, Paola.
Dende o Ceip Nº 1 de Tui Alma, Marc, Manuela, e Alex na súa participación no programa especial con motivo do #DíadaRadio lembraron cando se proclamou este Día Mundial da Radio, falaron do Conxunto Histórico de Tui, e entrevistaron ao alcalde, Enrique Cabaleiro.
Neste #DíadaRadio do IES San Paio participaron Sara, Inés, Alba e Yamilé de 4º da ESO cun programa no que recolleron a diversidade de nacionalidades Galicia, Portugal, Venezuela, Brasil, e Marrocos. Entrevistáron aos compañeiros e compañeiras.