Escola Oficial de Idiomas (Tui) para o Día Mundial da Radio 2024

Radio Linguas para o Día da Radio!

O centro ten un obradoiro de fala e radio en inglés. “Os nosos programas adoitan ser de moi diversa temática, orientados á aprendizaxe da lingua inglesa, pero este ano temos feito varios programas que encaixan moi ben coa difusión do patrimonio galaico-portugués, aínda que sexan en inglés!”, cóntanos Elena desde Radio Linguas.

E velaquí dúas gravacións da serie “Galician Seafoodies”, unha sobre a vieira (scallop) e outra sobre o meixón (elver), e axiña nos convidarán a escoitar unha nova entrega neste caso sobre o polbo (octopus). As alumnas elixiron un marisco/peixe representativo de Galicia, e fixeron o guión tendo en conta aspectos históricos, etnográficos, científicos e culinarios. Finalmente, puxéronlle voz á gravación e unha delas fixo o deseño do logo do podcast. O resultado podedes escoitalo aquí: