Desde Radio Xoven para o Día da Radio!

Aquí unha peneira de pezas que nos convidan a escoitar:
Entras na arca?, unha homenaxe a Francisco Fernández del Riego.
“Mecánica de competición”, feito polos alumnos da FP Básica de Mecánica, na que se inclúen entrevistas, información sobre o motor e unha crónica en vivo dunha carreira de karts entre os alumnos nunha saída a Sanxenxo.
Debate entre os grupos de Oratoria do IES Antón Losada Diéguez e do IES Nº 1, ambos da Estrada, no que os alumnos da materia dun e outro centro debaten sobre a prohibición de beber alcohol a menores.
Ficción sonora, no que se recrea o accidente dun dos estudantes de FP Básica de Mecánica, e os traballos para recuperar o coche.
