IES Illa de Ons (Bueu) para o Día Mundial da Radio 2022


Desde o IES Illa de Ons queremos comparten con nós #SonMonte. O monte na memoria colectiva e #SonMonte. E ti que pintas no monte?, dúas creacións audiovisuais que resumen un fermoso proxecto interdisciplinar, artellado a partir da valorización do monte como patrimonio cultural.

#SonMonte. O monte na memoria colectiva.

#SonMonte. E ti, que pintas no monte?

Para levalo a cabo, os departamentos de Xeografía e Historia, Bioloxía e Xeoloxía e Educación Plástica Visual e Audiovisual, coa colaboración do equipo da Biblioteca, Dinamización Lingüística, a dirección e demais profesorado do centro, planificaron diferentes bloques de actividades que foron desenvolvidos ao longo dos dous primeiros trimestres do curso: #CantaroMonte, baseouse na procura e interpretación de cantigas populares galegas, #TocaroMonte centrouse na exploración e creación de sons da natureza, #PensaroMonte botou man de rutinas de pensamento coas que o alumnado creou lemas de concienciación social, #CoñeceroMonte focalizou as súas actividades na elaboración dun caderno de campo e en diferentes charlas científicas, #FotografaroMonte e #DebuxaroMonte procuraron o rexistro visual e a interpretación artística das formas e cores atopadas nos distintos roteiros realizados pola contorna.
Con todo o material traballado elaboráronse as dúas creacións audiovisuais, #SonMonte. O monte na memoria colectiva, que deixa patente, fundamentalmente, o traballo feito coas fontes orais e a creación de sons da natureza e #SonMonte. E ti, que pintas no monte?, unha animación a modo de cadáver exquisito, na que se reflicte o traballo feito polo alumnado nos cadernos de campo.