Desde Vigo, o alumnado de Valadares aos micrófonos.
“Seguindo as propostas de Ponte… nas Ondas!, queremos facer a nosa pequena contribución ao Día Mundial da Radio. As axudantes da Radio: Inés, Zoe, Abril, Beltaine e Martina (1º ESO), prepararon un guión para presentar a nosa radio, Onda Valadares, contar un pouco da súa historia e lembrar con cariño a persoas que axudaron a construíla e que xa non están no centro. Na parte técnica colaborou tamén Mía (1º ESO)”.


