Meniña Candeira

Programa especial de Onda Candeira en homenaxe a Rosalía de Castro.

Neste novo programa de Onda Candeira publicado no Día da Poesía 2024, o alumnado do IES Politécnico homenaxea a nosa poeta nai, Rosalía de Castro, cun episodio no que se combina música e poesía rosaliana.

Dirixido por alumnado de 2º BACH A, este programa conta coa participación de alumnado moi variado e diverso, pertencente aos grupos de 1º ESO A e B, de 4º ESO B, de 1º BACH B, C, E e F; e de 2º BACH A. Ademais, inclúe a colaboración especial da profesora Iseo, interpretando o poema Castellanos de Castilla.