“Foi unha nena xudía que durante a 2ª Guerra Mundial tivo que esconderse para escapar dos nazis…” Así comeza o monográfico gravado polo alumnado de 3º e 4º do CEIP Víctor Sáenz, de Mazaricos, para celebrar o pasado Día dos Dereitos da Infancia e o Día dos Dereitos Humanos e que recentemente comparten a través da súa emisora en rede, Radio Rosiña.