O CEP Carlos Casares de Salvaterra participa neste Día Mundial da Radio cunha peza sobre os xogos tradicionais.
No programa descubriremos a que xogaban as nosas avoas e avós, nais e pais e viaxaremos por Galicia, Brasil ou Italia para descubrir tamén xogos populares destes tres países. Os intrépidos reporteiros escolares saíron gravadora en man e trouxéronnos moita información interesante.
Nesta imaxe que canda o programa nos envía Belén González, directora do centro, podedes ver o equipo de alumnado de 3º, 4º e 6º de Primaria involucrado no programa, incluídos locutores e técnicos de son, parabéns!