Radio APAMPDA: entrevista co voluntariado corporativo

Un novo programa do activo grupo radiofónico da asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral (APAMP).

Nesta ocasión, podemos escoitar a conversa con Pablo Tojeiro, Juan Abalo e Daniel Scheidgen, parte do equipo de New Balance Vigo, patrocinadores do club deportivo TAMIAR do colectivo, e que estiveron realizando actividades de voluntariado corporativo coa asociación durante o pasado mes de xuño.