Desde Vilagarcía de Arousa, Fátima Iglesias, mestra titora do grupo 4ºB de Educación Primaria do CEIP A Lomba cóntanos da experiencia radiofónica do centro, onde son coñecidos baixo o alcume de “As Arañas do CEIP A Lomba”.
“Temos recén saído do forno o noso primeiro programa de radio (e espero que non o último) realizado con motivo do Día da Paz e a doazón de tabletas de chocolate en favor de Amigos de Galicia que promovemos na escola baixo o lema “A PAZ MÁIS DOCE”. Gustaríanos participar con este podcast no portal ESCOLAS NAS ONDAS”.
E aquí podedes escoitalos!
Tamén podedes visitar a súa bitácora: http://asaranhasdoceipalomba.blogspot.com.es/