Desde o CPR Don Bosco emite “Radio Bosco”

“Facer radio implica fomentar o traballo en grupo, favorecer a motivación persoal, mellorar a expresión, tanto escrita como oral, potenciar as actividades globalizadoras, transversais e inclusivas, así como traballar as lecturas dunha forma máis crítica e fonda”, contan desde o CPR Don Bosco, en Vigo.

Co seu programa educativo Radio Bosco pretenden motivar ao alumnado e potenciar a súa creación a través da elaboración de podcast propios. Aquí podemos escoitar un exemplo, unha peza do alumnado de 3º da ESO realizada para o Día Contra a Violencia de Xénero, “As palabras son poderosas e este grupo loita contra a violencia de xénero a través delas. Unámonos a elas e eles escoitando as súas palabras!”:

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here