Día Mundial da Radio: a radio es ti!

A radio infórmanos e transfórmanos a través do lecer, a información e a participación do público.

A UNESCO convida a todas as emisoras de radio e as organizacións de apoio a unirse a ela con motivo do Día Mundial da Radio 2017, que brinda unha oportunidade para celebrar a radio e o xeito en que contribúe a configurar as nosas vidas.

A radio segue sendo o medio de comunicación máis dinámico, reactivo e atractivo que existe, á vez que vai adaptándose aos cambios do século XXI e ofrecendo novas formas de interacción e participación.

Nunha época en que as redes sociais e a fragmentación do público poden agruparnos con persoas afíns en burbullas dos medios de comunicación, a radio atópase nunha posición única para unir as comunidades e fomentar o diálogo positivo con miras ao cambio. Ao escoitar os seus oíntes e responder ás súas necesidades, a radio ofrece a diversidade de opinións e de voces necesaria para enfrontarnos aos desafíos que nos afectan a todos.

A radio, ferramenta de información, transformación e liberdade de expresión

A radio infórmanos e transfórmanos a través do lecer, a información e a participación do público. Ao ter unha radio, nunca se está só e sempre se conta coa compañía dun bo amigo.

Este ano, o obxectivo principal da UNESCO é alentar as emisoras de radio de todo o mundo, xa sexan comunitarias, privadas ou públicas, a dotárense das ferramentas necesarias para ser as mellores emisoras. Con ese fin, deben asegurarse de manter un diálogo constante co sector da radio, os seus oíntes e o público en xeral. A UNESCO tamén propón que as emisoras estean en condicións de crear a mellor das programacións, ademais do entretemento e a información, e para iso, debemos atopar maneiras creativas de promover a liberdade de expresión e de tratar os asuntos principais que afectan hoxe en día as comunidades locais e o mundo en xeral.

www.worldradioday.org

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here