Así de ben o pasaban no CEIP Juan Fernández Latorre ao ritmo de Paco Nogueiras.
Seguro que á maioría non vos temos que explicar o que é un “Lipdub”, ese tipo de vídeo musical realizado por un grupo de persoas que sincroniza os seus beizos, xestos e movementos cunha canción popular ou calquera outra fonte musical.
Desta volta aproveitamos para amosarvos o que fixo a comunidade educativa do CEIP Juan Fernández Latorre a partir da peza ‘En Galego, meu o mundo é’, do libro-disco Brinca vai! de Paco Nogueiras.