Dende o IES Plurilingüe Aquis Celenis de Caldas de Reis compártennos uns podcasts creados na nova emisora do centro: Ferven as Ondas, polo alumnado e o Equipo de Dinamización Lingüística. Entre outros, unha entrevista a Eli, da asociación de diversidade “Nós mesmas”, o grupo Chévere e o seu espectáculo “Fillas bravas” ou a opinión do alumnado sobre a película galega “O que arde”.