Parte do traballo que o equipo docente fai co alumnado son uns podcasts que recollen a vida de don Jerónimo e os acontecementos do seu tempo, como o discurso de inauguración do primitivo colexio e a conferencia que no ano 1933 deu en Unión Radio Galicia de Compostela.
Polas características do personaxe, polo seu compromiso coa radio e para dalo a coñecer, o CEIP Sal Lence quixo así estar presente neste Día Mundial da Radio con Ponte… nas Ondas!
Aquí podedes ver mostras do seu magnífico traballo:
Ficción radiofónica co discurso orixinal de inauguración do “GRUPO ESCOLAR TENIENTE MÉDICO SAL LENCE” o 17 de setembro de 1940:
Ficción radiofónica que recolle a conferencia “Radio-Difusión y autonomía gallega”, que pronunciou o oftalmólogo don Jerónimo Sal Lence o venres 3 de febreiro de 1933 na emisora Unión Radio Galicia en Compostela:
Aquí a emisora do centro en SoundCloud que inclúe a biografía radiofónica do persoeiro:
Ligazóns a todas as actividades: