A grande dama da música galega e unha das maiores divulgadoras da súa poesía. Alén de renovar a música tradicional galega, Uxía conectouna coas culturas atlánticas, mesturando alalás con morna, fado e ritmos brasileiros. O seu repertorio está cheo de intercambios e colaboracións con músicos de Brasil, Portugal, Cabo Verde, etc. Recibimos mensaxe desta gran amiga de Ponte… nas Ondas!, que aproveitando o tema do Día Mundial da Radio 2018, fálanos tamén da importancia do deporte máis minoritario e do deporte que practican as persoas con discapacidades.