O 13 de febreiro: en directo desde Narón e Salceda de Caselas!

Programación especial para o Día Mundial da Radio 2019.

Permanecede atentos ás ondas! Desde o lema “Diálogo, tolerancia e paz”, proposto pola UNESCO para o Día Mundial da Radio de 2019, teremos emisión en directo compartida nas ondas por alumnado do norte e do sur do país. Unha programación especial en directo desde o CPR Jorge Juan Xuvia, de Narón e o IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas.

Unha oportunidade para celebrar a radio e o seu impacto nas nosas vidas, para tomar consciencia de como a radio nos informa, transforma e une. Segundo subliña a UNESCO na súa proposta para o 13 de febreiro deste ano “a radio é o medio ideal para pedir que calmen e contrarresten a violencia e os conflitos, en particular en zonas remotas, que están potencialmente máis expostas a esas realidades (…) A radio tamén pode axudar a difundir a tolerancia e superar as diferencias para xuntar as persoas arredor de obxectivos e causas comúns, como o dereito á educación para todas e todos”.

Enviádenos as ligazóns das vosas pezas de audio e vídeo para difundilas a través de Escolas nas Ondas!

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here