O CPI de San Sadurniño fai un programa especial con entrevistas sobre o xogo tradicional

Desde o CPI de San Sadurniño, Iván Montes cóntanos que aproveitando este Día Mundial da Radio 2018, o alumnado do centro escolleu como tema o xogo tradicional. Así, o alumnado gravou varias pezas, entre outras, diversas entrevistas: con Xosé Manuel Barreiro, presidente de Brinquedia Rede Galega do Xogo Tradicional, con David Guiñazu, monitor da actividade “Xogos Tradicionais”, que se desenvolve en horario extraescolar e é ofertada polo Concello de San Sadurniño, con Xaime Iglesias, Xaime Iglesias, que nos fala do xogo da chave en Ferrolterra, Galicia, e no resto do mundo, con Manolo Varela, impulsor da Campa de Xogos Tradicionais que en breve comezará a funcionar nos xardíns do concello, e con Antón Cortizas, autor de Chirlosmirlos e Tastarabás.

Aquí podedes escoitar todo o programa:

https://www.edu.xunta.gal/centros/cpisansadurnino/node/1289

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here