Desde Salceda de Caselas chéganos este programa do IES Pedras Rubias titulado “O deporte e a vida”, unha peza especial na que intervén tanto alumnado actual como antigos alumnos e alumnas, adestradores e adestradoras e especialistas en educación física, todos eles relacionados con diferentes disciplinas deportivas de Salceda. Piragüismo, patinaxe, balonmán, fútbol feminino, bádminton… Cóntanos a docente Flori Veloso: “persoas que fan que o deporte sexa un estilo de vida en Salceda de Caselas”.