Preparando o Día Mundial da Radio 2020: A diversidade


Ponte…nas ondas!, experiencia de radio interescolar multimedia, propón ás escolas que expresen a súa diversidade empregando todas as posibilidades que oferece a radio en todos os seus xéneros xornalísticos ( entrevistas, reportaxes, opinións, etc. ), formatos ( audios, podcasts, vídeos, etc. ) e transmisións ( FM, radio online, redes sociais ).

A temática proposta pola UNESCO é a DIVERSIDADE en todas as súas manifestacións: diversidade cultural, diversidade de xénero, diversidade de idades, nacionalidades, etc.

POSÍBEIS ACTIVIDADES:

  • Realización dun programa de radio con voces e opinións de alumnado e profesorado de diversas orixes.
  • Realización de podcasts con alumnado e profesorado de diferentes países e procedencias.
  • Audios de alumnado de minorías e de línguas diferentes que estean na aulas.
  • Programa de radio para sectores sociais específicos.
  • Informativos que mostren a diversidade da sociedade.

PARTICIPACIÓN NO DÍA MUNDIAL DA RADIO

  • Asistir a unha emisora de radio o día 13 de febreiro e realizar un programa em direto. PNO! facilitará esta participación.
  • Realizar un programa na escola con convidados de diversas procedencias e orientacións.
  • Envio de audios, podcasts ou vídeos para seren emitidos no portal “Escolas nas ondas” o 13 de febreiro.

O portal “Escolas nas ondas” transmitirá o 13 de febreiro as producións realizadas polas escolas participantes.

A orixe do Día da Radio

A radio é un medio poderoso para celebrar a humanidade en toda a súa diversidade e constitúe unha plataforma para o discurso democrático. A nivel mundial, a radio segue sendo o medio máis consumido. Esta capacidade única de chegar á máis ampla audiencia significa que a radio pode dar forma á experiencia da diversidade dunha sociedade, ser un escenario para que todas as voces se expresen, sexan representadas e escoitadas. As emisoras de radio deben servir a comunidades diversas, ofrecendo unha ampla variedade de programas, puntos de vista e contidos, e reflectir a diversidade de audiencias nas súas organizacións e operacións.

En lembranza do 13 de febreiro de 1946, data na que botou a andar a Radio das Nacións Unidas, a UNESCO propuxo que ese fose o día escollido para que cada ano celebrásemos o Día Mundial da Radio. A iniciativa, xurdida desde a Academia Española da Radio, recibiu en xaneiro de 2013 a beizón da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, de forma que a ONU aprobou a resolución que proclama o 13 de febreiro como Día Mundial da Radio.

Alén das temáticas concretas que cada ano se van escollendo para esta xornada, o obxectivo xeral da efeméride é, segundo a ONU, crear unha maior conciencia entre o público e os medios de comunicación sobre a importancia da radio e tamén alentar ao libro acceso á información a través das ondas radiofónicas. Tamén, para mellorar a creación de redes e a cooperación internacional entre os organismos de radiodifusión.

Preme aquí para ampliar información

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here