Desde Burela chega unha nova incorporación ao mapa das radioescolas.
Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro. En antena todos os mércores entre 17 e 18 horas. “O programa Proxecto Neo ten como protagonistas os neofalantes, as fillas e os fillos adoptivos da nosa terra, especialmente de Burela”, cóntanos Bernardo Penabade desde este centro educativo.
Aquí podedes escoitar os últimos programas do Proxecto Neo:
Ademais, da mesma semente naceu ‘Grandes Voces do Noso Mundo’, un programa de Radio Burela dedicado á música na nosa lingua arredor do mundo. Está dirixido e presentado por Marco Pereira, coa colaboración de Silvera Vicente de Oliveira. Polo programa pasaron artistas de renome como María do Ceo, Sés, Guadi Galego, Nancy Vieira, Jasper —do grupo de rock galego Nao—, Manolo Maseda… e os que aínda quedan! Todos os venres ás 19h.
Aquí podedes escoitar os últimos programas:
E aquí podemos ver o equipo en plena acción no estudio: