Radio Abrente, abre a túa mente! – Día Mundial da Radio 2017

Alumnado do Colexio Abrente de Portonovo tanto da Primaria como da ESO participa neste programa especial dedicado á lingua galega.

Desde o Colexio Abrente de Portonovo, Lorena Meis fainos chegar este programa, no que participan alumnado de toda a primaria e máis da ESO. Trátase dun programa especial dedicado á lingua galega. “Queremos informar sobre a situación de risco que sofre, as causas e consecuencias. Ao mesmo tempo animar a profesorado, alumnado e familias a falar na lingua de Rosalía de Castro e mantela viva entre todos”.

O programa inclúe:

– 1º de primaria cantan “O Mercado” de María Fumasa.
– 2º de primaria din palabras bonitas en galego.
– 3º de primaria refráns e frases con retranca.
– 4º e 5º de primaria, frases para animar a falar a nosa lingua, eslogans.
– 6º rap da lingua.
– 1º da ESO, poema.
– 2º da ESO, poema.
– 3º da ESO, entrevista a Laura Sáez, da editorial Patas de Peixe.
– 3º e 4º da ESO, presentan o programa cunha reflexión sobre o galego.

Máis sobre Radio Abrente

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here