Desde esta escola de Vigo preséntannos a súa emisora escolar.
Ismael Porto, coordinador do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEP Celso Emilio Ferreiro, cóntanos do proxecto Radio Celio, xurdido no CEP Celso Emilio Ferreiro, en Vigo. Nesta peza podedes escoitar o primeiro programa deste ano 2020, onde logo de apagárense as famosas luces, dase por rematado o Nadal. O alumnado de Primaria fai balance e así o contan.