O pasado mes de novembro, o IES A Pinguela, en Monforte, deulle inicio ao seu proxecto radiofónico, parabéns!
Aquí podedes escoitar o último podcast que nos achegan desde Radio Pinguela, onde as reporteiras Sabrina, Janet e Darina visitan os estudios de Amanita Films para facerlle unha entrevista a Iván Patiño. Neste audio atoparedes algunhas reflexións sobre o mundo do cine, coas súas luces e as súas sombras, un perfil profesional deste novo produtor monfortino así como tamén algunhas ideas para traballar o cine no instituto.
Escucha”Entrevista a Iván Patiño.” en Spreaker.
Aquí podedes escoitar o canal en Spreaker de Radio Pinguela
E o espazo en Facebook de Radio Pinguela