Rianxo Fala! para o Día Mundial da Radio

Desde o IES Félix Muriel de Rianxo chega esta peza para conmemorar o Día da Radio.

Trátase dun programa especial sobre deportes elaborado por alumnado de 1º da ESO que comezou este curso coa radio. A iniciativa forma parte dun proxecto do Equipo de dinamización da Lingua Galega que se desenvolve fóra das horas lectivas. Entre outros fálannos de dous compañeiros do centro, Raúl e Mauro, que forman parte do club de piragüismo local e xa conseguiron as primeiras medallas en competición. A iniciativa ten web nova no enderezo www.rianxofala.gal

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here